A borrasca Kirk provoca o colapso das paredes do pavillón polideportivo do instituto de Porto do Son
A borrasca Kirk provoca o colapso das paredes do pavillón polideportivo do instituto de Porto do Son
A borrasca Kirk provoca o colapso das paredes do pavillón polideportivo do instituto de Porto do Son
Suspendidas as clases no colexio de Outes pola enchente do río Tins, que asolagou a planta baixa
A chuvia provoca un corremento de terra no corredor Brión-Noia
Foi contra as 9 da noite cando os fortes refachos de vento que xa se rexistraban na costa provocaban o colapso dunha parede lateral do pavillón do instituto de Porto do Son situado na zona das Laxes. Por sorte non pasaba ninguén pola zona e non houbo danos persoais.
Os bloques quedaron esparexidos polo chan e ao longo da madrugada foron caendo outras paredes. O equipo directivo decidiu suspender as clases e avisar as familias a través da aplicación Abalar.
Polo momento non se avaliaron os danos nin se sabe ata cando estarán suspendidas as clases.
Pero esta non foi a única incidencia que deixa a borrasca na bisbarra.
No colexio de Outes tamén suspenderon as clases a causa do asolagamento da planta baixa por mor da enchente do río Tins. A auga tamén entrou en varias vivendas.
Tamén baixa por riba do seu nivel e con moita forza o río Traba en Noia, na zona dos muíños de Pedrachán, moi preto da zona histórica.
En Noia, Lousame e parte de Porto do Son houbo cortes de luz desde as 7 da mañá e a forte chuvia provocou tamén un corremento de terra no corredor de Brión a Noia, á altura de San Xusto, que obrigou a cortar un carril de circulación en dirección a Santiago.
Os servizos de emerxencias traballan arreo para despexar a estrada.