Publicador de contidos
Publicador de contidos

Acoitelado un rapaz en Cee

Acoitelado un rapaz en Cee

A alcaldesa, Margarita Lamela, confirmoulle á Radio Galega que está fóra de perigo

As primeiras investigacións apuntan a que a agresión podería estar relacionada cunha débeda económica

Axente da Garda Civil/Arquivo Axente da Garda Civil/Arquivo
G24.gal 05/01/2025 21:43 Última actualización 06/01/2025 01:47

O acoitelamento foi a pasada tarde. Pouco despois das 19:00 horas, unha ambulancia recollía na Alameda de Cee un mozo e trasladábao ao hospital da localidade coruñesa: tiña unha ferida de arma branca no abdome. As forzas de seguridade -que estaban controlando a cabalgata e a recepción aos Reis Magos- acudiron axiña axudar a vítima.

O rapaz foi operado no Hospital Virxe da Xunqueira e a rexedora, Margarita Lamela, confirmáballe de madrugada á Radio Galega que está ben e fóra de perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade