Pirata empata nos últimos segundos o derbi galego da LNFS (2-2)
Pirata empata nos últimos segundos o derbi galego da LNFS (2-2)
Juninho adiantou por dúas veces o Burela que tiña o triunfo na man a trinta segundos do final
Houbo empate (2-2) no derbi galego da Liga Nacional de Fútbol Sala. Un resultado propiciado polo acerto de Adrián Pirata que marcou o gol da igualada a trinta segundos do final.
Foi por diante o Burela durante case todo o partido. Na primeira xogada do partido adiantouse grazas a un gol de Juninho. O Noia Portus Apostoli conseguiu empatar a dous minutos de chegaren ao descanso cun tanto do Power.
Comezaba o segundo tempo e acontecía unha xogada que puido ser decisiva. Rubi Lemos foi expulsado e o penalti transformouno Juninho marcando o segundo para os locais. O Noia, pechacancelas da competición e que aínda non gañou ningún partido, arriscou nos últimos minutos e atopou o froito co tanto de Pirata que lle permitiu rescatar un punto.