Rial, sobre a situación económica do Burela: "Igual o mellor é pechar e tirar o cadeado ao Cantábrico"

"A situación é infumable, pero se todos sumamos, lograrémolo. Imos deixar a vida", asegurou na conferencia de prensa posterior ao derbi diante do Noia
Poucas veces un adestrador se expresa dun xeito tan claro como David Rial, técnico do Burela Fútbol Sala. O seu equipo, recén ascendido á Primeira División da LNFS, está a realizar un gran campionato afastado do descenso con 14 puntos. Pero a comunicación de que o principal patrocinador, Pescados Rubén, se botaba a un lado puxo unha nube negra sobre o futuro da entidade.
Rial quixo mandar unha mensaxe diante do pesimismo que rodea ao club. "Se a mensaxe é tan negativa, o mellor é pechar e tirar o cadeado ao Cantábrico", asegurou nunha comparecencia na que non analizou o partido e se centrou na situación económica. "A situación é infumable, pero se todos sumamos, lograrémolo. Imos deixar a vida".
O adestrador recoñeceu que xa estivo seis meses sen cobrar e que moitos equipos da LNFS están en peor situación que o Burela.