Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela FS renuncia á Champions por motivos económicos

O Burela FS renuncia á Champions por motivos económicos

A retirada é “como consecuencia do grave quebranto orzamentario” que supuxo a retirada o seu patrocinador principal, a empresa Pescados Rubén

G24.gal 11/12/2024 13:04 Última actualización 11/12/2024 13:17

O Burela FS, vixente campión de Liga, anunciou este mércores que “como consecuencia do grave quebranto orzamentario” que supuxo a retirada o seu patrocinador principal, a empresa Pescados Rubén, vese “imposibilitado” de participar no Futsal Women's European Champions, que se celebrará en Bari (Italia).

"Queremos trasladar nosas máis sinceras desculpas ao equipo organizador, entendendo que comprenderán que o motivo da nosa ausencia non foi xerado polo club se non obrigado polas circunstancia de índole económico que sobreviñeron”, destaca a entidade galega. 

O Burela compartía grupo neste torneo co TFSE búlgaro e o Rekord polaco. O seu debut estaba programado para o mércores 18 contra o campión búlgaro, e dous días despois xogaría contra o Rekord.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos