Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela, eliminado dunha Copa do Rei na que só quedan o Noia e o Parrulo

O Burela, eliminado dunha Copa do Rei na que só quedan o Noia e o Parrulo

Caeu na pista do Ibiza por 6-3, un equipo que pelexa nos postos de descenso da Segunda División

G24.gal 10/12/2024 21:41

O Burela Pescados Rubén quedou eliminado na cuarta eliminatoria da Copa do Rei de fútbol sala diante do Ibiza (6-3), un equipo de inferior categoría que pelexa nos postos de descenso da Segunda División. 

O primeiro tempo foi nefasto para os intereses do conxunto da Mariña. Faly marcou para os locais e Rikelme empatou para o Burela. Pero antes do descanso, Iker, Martín Fraile e outra vez Faly poñían un sorprendente 4-1. Nada máis comezar o segundo tempo, Pitero reduciu diferenzas. Outra volta apareceu Faly, protagonista do partido, para marcar o terceiro da súa conta e deixar a eliminatoria resolta. 

Quedaban dous goles máis nos últimos minutos, cando o Burela arriscou con porteiro xogador. Buitre anotou o sexto para os locais e Charly o terceiro do equipo galego. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos