Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mala xornada galega no fútbol sala

Mala xornada galega no fútbol sala

O Burela Pescados Rubén caeu nos últimos minutos contra o Manzanares (0-3)

O Noia Portus Apóstoli empatou co Córdoba, pero segue de último (1-1)

Foto: @burelafs
G24.gal 01/12/2024 13:37

Unha derrota e un empate na novena xornada da Primeira División de Fútbol Sala. Caeu o Burela na casa fronte ao Manzanares nun partido que se decidiu nos últimos sete minutos. Aí chegaron os tres goles do visitante. Marcaron Antoñito, Daniel, de penalti, e Zequi, a porta baleira desde campo propio. O Burela queda con sete puntos.

Dous puntos suma o Noia logo do empate conseguido diante do Córdoba. Álex García marcou para os galegos no minuto 27 nunha acción de estratexia. Echavarría igualou para os andaluces no minuto 36. O Noia segue no último posto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar