O Burela faillo pasar mal ao Barcelona, pero acaba derrotado (2-1)
O Burela faillo pasar mal ao Barcelona, pero acaba derrotado (2-1)
O Noia tamén perdeu co Peñíscola e continúa sen gañar despois de seis xornadas
Continúan na zona baixa os dous equipos galegos da Liga Nacional de Fútbol Sala. O Burela Pescados Rubén visitaba a pista do Barcelona. Estivo metido no partido ata o final, pero acabou perdendo por 2-1 na que foi a terceira vitoria seguida do equipo catalán. Fits e Sergio Lozano marcaron para os locais no primeiro tempo e Alberto recortou diferenzas a oito minutos do final. Os de David Rial xeraron incerteza no Barça, pero non chegou o gol do empate.
Peor que ao Burela vaille ao Noia Portus Apostoli, que non conseguiu máis que sumar un punto nas seis xornadas que levamos de campionato. Caeu en Peñíscola por 2-0. Tamén foi un encontro que se resolveu por mínimos detalles. Aos dez minutos marcou o local Víctor Pérez e ata o derradeiro minuto non chegou o segundo gol, obra do arzuán Diego Quintela.