Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous goles do porteiro Kaluza danlle a primeira vitoria ao Burela Pescados Rubén

Dous goles do porteiro Kaluza danlle a primeira vitoria ao Burela Pescados Rubén

O equipo da Mariña derrotou por 3-1 ao Ribera Navarra

Empate (3-3) do Noia diante do histórico El Pozo Murcia

G24.gal 27/10/2024 11:24

O Noia Portus Apostoli e o Pozo de Murcia disputaron un partido de poder a poder (3-3). Comezaron forte os locais co gol de Power pero empatou Rafa Santos para os murcianos antes do descanso. O momento quente do partido chegou entre o minuto 27 e o 32. Marcel marcou para El Pozo, igualou David Pazos, Esteban volveu a anotar a prol dos visitantes e Altamirano volveu a poñer o empate que xa sería definitivo.

O Burela Pescados Rubén festexou a primeira vitoria da temporada diante da súa afección contra o Ribera Navarra (3-1). O gran protagonista do triunfo foi o porteiro Kaluza que marcou dous goles. O outro, co que abriu o marcador o equipo mariñán, foi anotado por Charly. Os navarros recurtaron diferenzas no último minuto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade