Cargando resultados...
O Burela colócase á altura das mellores da historia con seis títulos de liga
O Burela colócase á altura das mellores da historia con seis títulos de liga
O histórico Elxe e o Futsi estaban á fronte dunha clasificación histórica que agora engade o equipo da Mariña
G24.gal
27/06/2024 22:45
O Burela Pescados Rubén levantou o título de liga de fútbol sala feminino. Gañáronlle ao Futsi Navalcarnero no terceiro partido e a alegría inundou de novo a Mariña lucense. Son campioas de liga por sexta vez.
Son vinte títulos nacionais e internacionais en doce anos, unhas cifras inimaxinables alá polo 2012. Lograron as ligas de 2013, 2016, 2020, 2021, 2023 e 2024 e igualaron co Futsi e co histórico Elxe como os equipos con máis campionatos na historia do fútbol sala feminino.