Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Xaén tarda cinco segundos en amosarlle ao Burela a dureza da LNFS

O Xaén tarda cinco segundos en amosarlle ao Burela a dureza da LNFS

O equipo visitante adiantouse na primeira xogada do partido e acabou gañando por 1-4

G24.gal 11/10/2024 21:19

O regreso do Burela Pescados Rubén á Liga Nacional de Fútbol Sala -LNFS- acabou en derrota. O Xaén Paraíso Interior gañou no Pavillón de Vista Alegre por 1-4. Cinco segundos tardou o equipo visitante en amosar a dureza da categoría. Foi o que tardou en marcar o primeiro gol do partido nun remate de Míchel.

Reaccionou o Burela que empatou deseguido grazas a un tanto de Rikelme. Pero o Xaén volveu a marcar antes do minuto 10 (Renato) e marchou ao descanso por diante. No cómputo global o Burela gozou de máis ocasións pero os andaluces amosáronse como un equipo moi sólido e con experiencia e acabaron certificando o triunfo con dous tantos máis no segundo tempo. Alan Brandi marcou o terceiro e repetiu Renato para lograr o 1-4 definitivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos