O Burela abre a xornada galega de fútbol sala cun importante triunfo en Santa Coloma (3-4)
O Burela abre a xornada galega de fútbol sala cun importante triunfo en Santa Coloma (3-4)
Vitoria importantísima do Burela na pista do Santa Coloma, nun partido resolto nos últimos intres.
O Burela levou sempre a iniciativa no marcador, con golazos como o que marcou Pitero e que significaba o un a dous. Ante un rival moi forte como local, o conxunto galego disputou un partido moi serio en defensa e con capacidade para sorprender na portería contraria.
Con dous a tres no marcador e a falta de menos de dous minutos, o Santa Coloma logrou empatar. A euforia do equipo catalán fixo que arriscaran con porteiro xogador para buscar a vitoria. E o Burela aproveitou a circunstancia para facer o último e definitivo gol do encontro. Isma, desde campo propio, foi o seu autor.
Con este triunfo, os burelaos suman 13 puntos e achéganse a posicións cómodas na clasificación.