Fer López márcase o obxectivo de facer algo grande na Copa do Rei
Fer López márcase o obxectivo de facer algo grande na Copa do Rei
O canteirán é unha das sensacións deste ano no filial e o salto a consolidación no primeiro equipo semella inminente
Fer López é un dos grandes nomes do 2024 para o Celta. Nun equipo que volve mirar cara as categorías inferiores el é unha das grandes esperanzas. A estrea co primeiro equipo chegou na Copa contra o San Pedro. Na seguinte rolda, contra o Salamanca. Claudio volveu confiar nel e Fer xogou e marcou.
Era cuestión de tempo a estrea en liga e chegou finalmente no partido ante o Mallorca. O canteirán debutaba coma titular na liga en Balaídos. Pero toda esa ilusión truncouse por un mal xesto xusto antes do descanso. Fer segue a se recuperar da lesión e perderá aínda algún partido máis pero ten claro cal é o obxectivo do 2025, intentar gañar a Copa do Rei.