Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home nunha colisión entre dous vehículos no concello de Carnota

Falece un home nunha colisión entre dous vehículos no concello de Carnota

Outras dúas persoas, entre elas unha rapaza de 14 anos, quedaron feridas

G24.gal 27/12/2024 18:18 Última actualización 28/12/2024 09:16

Un home faleceu e outras dúas persoas quedaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido na tarde deste venres no concello de Carnota. Dous vehículos chocaron no quilómetro 28 da AC-550, á altura da parroquia de Lira.

Todo parece indicar que o coche no que viaxaba o falecido trataba de incorporarse á estrada e foi bater contra outro turismo que circulaba pola vía principal. Como consecuencia do impacto, saíu despedido uns metros.

Os equipos de emerxencias tiveron que liberar o falecido do interior do vehículo e tamén á súa acompañante, unha rapaza de 14 anos que foi trasladada en helicóptero ao hospital de Santiago. O condutor do outro coche tamén resultou ferido e foi evacuado en ambulancia.

 

 

 

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladou un dos feridos nun helicóptero medicalizado con base en Santiago. O outro foi trasladado en ambulancia.

Foron mobilizados os Bombeiros de Cee, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muros, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, AVPC de Carnota e os servizos de mantemento da estrada

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade