Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vinte e cinco mortos en accidentes de tráfico na primeira fase da operación de Nadal

Vinte e cinco mortos en accidentes de tráfico na primeira fase da operación de Nadal

A segunda fase do dispositivo, con motivo de fin de ano, desenvolverase entre o venres 27 e o mércores 1 de xaneiro, e a terceira, pola festividade de Reis, entre o venres 3 e o luns 6 de xaneiro

A DXT prevé máis de 20 millóns de desprazamentos no total das tres fases e insiste na importancia de non unir alcol e condución

G24.gal 26/12/2024 09:23

Vinte e cinco persoas faleceron nos 24 accidentes mortais ocorridos nas estradas españolas na primeira fase da operación especial con motivo das festas do Nadal, entre as tres da tarde do pasado venres, día 20, e as doce da noite do día de Nadal, informou este xoves a Dirección Xeral de Tráfico.

A segunda fase do dispositivo, con motivo do fin de ano, desenvolverase entre o venres 27 e o mércores 1 de xaneiro, e a terceira, pola festividade de Reis, entre o venres 3 e o luns 6 de xaneiro.

A DXT prevé máis de 20 millóns de desprazamentos no total das tres fases e insiste na importancia de non unir alcol e condución, manter a precaución nos traxectos curtos e nocturnos, habituais estes días, e prestar atención ás condicións meteorolóxicas adversas que poden aparecer de maneira repentina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade