Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tráfico incrementa os controis e a vixilancia polo Nadal en toda a rede viaria

Tráfico incrementa os controis e a vixilancia polo Nadal en toda a rede viaria

A DXT prevé para estas datas máis de 20 millóns de desprazamentos en España

A maioría son curtos e de noite, Tráfico pide extramar as precaucións e 0,0 alcol

G24.gal 24/12/2024 13:11

As reunións familiares e entre amigos polo Nadal aumentan os desprazamentos, a maioría curtos e de noite. Tráfico lembra que hai que extremar as precaucións ao volante sempre cero consumo de alcol e drogas. Para concienciar, están aumentando os controis.

O dispositivo especial da DXT para estas festas comezou o venres e durará ata o 6 de xaneiro, con tres fases que coinciden coas principais celebracións: Nadal, fin de ano e Reis. Hoxe, Noiteboa, xa incrementaron os controis de alcol e drogas en todas as estradas do país.

Máis de 20 millóns de desprazamentos están previstos para este Nadal en España, moitos deles traxectos curtos onde os condutores se confían.

Tráfico insiste, cero consumo de alcol ao volante e moita precaución. A pasada fin de semana 18 persoas faleceron nas estradas en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade