A Garda Civil intervén máis de 2,5 millóns de xoguetes perigosos en Madrid
A Garda Civil intervén máis de 2,5 millóns de xoguetes perigosos en Madrid
Froito destas inspeccións tamén se retiraron 315.879 artigos pirotécnicos
A Unidade Fiscal e de Fronteiras de Madrid da Garda Civil interveu en varios establecementos da Comunidade máis de 2,5 millóns de xoguetes perigosos e inseguros, informou o Corpo nun comunicado.
Os axentes levaron a cabo 207 inspeccións ata o pasado 18 de decembro. Do total dos xoguetes fraudulentos, 2.596.439 unidades foron inmobilizados por infrinxir os dereitos de propiedade industrial de diferentes marcas rexistradas coñecidas e 152.478 por incumprir a normativa de Seguridade nos xoguetes.
A operación deixa 94 denuncias relacionadas coas medidas de seguridade e investígase a catro persoas por delito contra a propiedade industrial, patentes e modelos de utilidade. Froito destas inspeccións tamén se retiraron 315.879 artigos pirotécnicos.
Os xoguetes que foron intervidos supoñían un grave risco, xa que carecían dos controis de seguridade e etiquetaxe establecidas e presentaban numerosos defectos formais incumprindo todos eles a normativa de seguridade dos xoguetes. Ademais representan un evidente risco para a saúde e seguridade dos menores, ao estar fabricados con materiais de dubidosa calidade.