Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Supremo busca o móbil de onde saíron as mensaxes de García Ortiz

O Supremo busca o móbil de onde saíron as mensaxes de García Ortiz

Pídelle á UCO que lle facilite números de telefono e IMEI asociados ás dúas tarxetas utilizadas por Álvaro García Ortiz

A APIF pide imputar o fiscal xeral por outros dous delitos: prevaricación e infidelidade na custodia de documentos públicos 

O Supremo quere saber de onde saíron as mensaxes enviadas polo fiscal xeral á fiscala xefe provincial de Madrid
G24.gal 24/12/2024 14:07

A UCO non atopou no teléfono do fiscal xeral do Estado ningunha mensaxe, nin enviada nin recibida, e o Tribunal Supremo quere saber que pasou. O maxistrado do caso pídelle á Garda Civil que siga investigando e que identifique se os móbiles e as tarxetas comisadas son as que utilizou García Ortiz para enviarlle as mensaxes á fiscala xefa provincial de Madrid na noite do 13 de marzo. 

O fiscal xeral está a ser investigado por un presunto delito de revelación de segredos. 
O Supremo trata de saber se el foi a orixe da filtración dun correo electrónico en que a parella da presidenta Ayuso, a través do seu avogado, asumía dous delitos contra Facenda e trataba de chegar a un pacto. O presidente do Goberno mantenlle a confianza. O PP considera que Sánchez está branqueando a García Ortiz e considera inverosímil que estas causas vaian quedar en nada. 

A presión sobre o fiscal vai a máis. A Asociación Profesional e Independente de Fiscais, que exerce de acusación popular, pide imputalo por outros dous delitos: prevaricación e infidelidade na custodia de documentos públicos, e reclámalle ao xuíz que lle tome declaración de forma inmediata. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade