Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP chancea con non falar de política no Nadal nun vídeo no que pide a dimisión de Sánchez

O PP chancea con non falar de política no Nadal nun vídeo no que pide a dimisión de Sánchez

Utilizan maiúsculas nalgunhas das letras dos subtítulos que acompañan ao audio para formar a frase: "Sánchez, dimite"

Frame final do clip difundido en redes sociais (PP)
G24.gal 24/12/2024 12:39

O PP comprometeuse nun vídeo en ton humorístico a intentar non falar de política durante estas festas e no que pide, ademais, a dimisión do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, utilizando maiúsculas nalgunhas das letras dos subtítulos que acompañan ao audio ata formar a frase: "Sánchez, dimite".

A secuencia, difundida en redes sociais, comeza cunhas imaxes típicas do Nadal, subliñando que estas festas "empezan sempre por unha noite de paz" e inclúe unha mensaxe na que o PP declara activar o "o modo Nadal" e que tentará non falar de política durante os días 24 e 25 de decembro.

"Aínda que é difícil, mira que é difícil non ter que facelo", continúa o vídeo.

O vídeo conclúe coa voz en off do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, dicindo "Bo Nadal!, Feliz futuro!" e desexando aos cidadáns que pasen os mellores días á beira dos seus, gozando dos que os fan felices "e lembrando os que xa non están". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade