Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puigdemont non apoiará a Sánchez se continúa "a estratexia que pretende afundir" Cataluña

Puigdemont non apoiará a Sánchez se continúa "a estratexia que pretende afundir" Cataluña

Engadiu que tanto Sánchez como o presidente da Generalitat, Salvador Illa, "creron que os apoios recibidos lles daban un cheque en branco" para tentar o que considera un engano

G24.gal 24/12/2024 12:32 Última actualización 24/12/2024 13:16

O presidente de Junts, Carles Puigdemont, advertiu de que non seguirá apoiando o Goberno "mentres persista tanto en Madrid como en Cataluña a estratexia que pretende afundir" a Cataluña nunha decadencia social, económica, lingüística e nacional, dixo.

Nunha videomensaxe difundida en X este martes, avisou de que así "de ningunha maneira" renovaría o apoio que deu ao presidente do Goberno e líder do PSOE, Pedro Sánchez.

Engadiu que tanto Sánchez como o presidente da Generalitat, Salvador Illa, "creron que os apoios recibidos lles daban un cheque en branco" para tentar o que considera un engano.
 

"Perda de confianza"

Lembrou que Junts non apoiou a Illa, pero si a Sánchez: "Por iso actuamos con responsabilidade e por iso admitimos a perda de confianza que lle outorgamos". Ao día seguinte do balance de Goberno que fixeron Sánchez e Illa, Puigdemont dixo que o presidente catalán fomenta "a propaganda impulsada polo nacionalismo español". Reprochou a Illa que queira abrir outra etapa tras o procés a pesar de gobernar en minoría, acusoulle de non reclamar nada ao Goberno "para que non pechen a billa, e ir baixando a cabeza", e destacou que ademais o executivo do PSC non estea a conseguir uns orzamentos.

"Eles, constitucionalistas e monárquicos"

"Agora eles, naturalmente constitucionalistas e monárquicos, viñeron a dar por superado" o procés e o sufrimento de moitos independentistas, lamentou. Precisamente por ese sufrimento, Puigdemont asegura que "non haberá suficiente propaganda e non haberá suficientes subvencións para tapar tanta memoria".

Fronte a todo iso pediu, a pesar dos desacordos entre independentistas, "empezar a traballar sen perder máis tempo para que non o volvan facer".

Aínda hai "vítimas"

"Non deixaremos de sufrir mentres miles e miles de persoas sexan vítimas dunha persecución infame, vergoñosa, antidemocrática", engadiu.

"Illa pretende que creamos que o sufrimento que provocou o seu 155, a súa persecución política e xudicial durante máis de 7 longos anos non existiu", seguiulle reprochando.

Tamén cre que Illa pretende reflectir que estes sufrimentos "son xustos e son merecidos e que aínda grazas que a algúns lles apliquen a amnistía". Ademais, asegurou que nin Illa nin Sánchez querían a amnistía: "Non a querían de ningunha maneira. Tivémosllela que arrincar das súas mans, unhas mans aínda sucias da represión", da que os considera corresponsables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade