Os veciños de Dacón recrean o belén vivinte
Os veciños de Dacón recrean o belén vivinte
Preto dun cento de persoas, veciños de Dacón e algúns chegados doutros lugares, recrearon no día de Nadal o nacemento de Xesús
Preto dun cento de persoas, veciños de Dacón e algúns chegados doutros lugares, recrearon no día de Nadal o nacemento de Xesús no belén vivinte instalado na carballeira desta parroquia do concello ourensán de Maside.
A recreación comezou coa anunciación do anxo e a baixada da estrela desde o castelo de Herodes para iluminar aos Magos de Oriente, un dos momentos preferidos polos veciños.
“É algo moi importante para tódolos daconeses”.
“Participamos sempre, de feito eu teño tres nenos e dous deles foron neno Xesús”.
“Xurdiu dun par de parellas que decidiron que querían pasar un belén xuntos, o día de Nadal entre amigos”.
Nesta 37 edición, a principal novidade é a incorporación ao percorrido do muíño recentemente restaurado, moi valorado polos asistentes.
“Espectacular isto. Para unha aldea pequena como é Dacón, moi ben”.
“Primeira vez. E que tal?. Que foi o que máis lle gustou?. Gustoume, primeiro o sitio e despois a atracción que tivo de xente”.
“Moi bonito, moi organizado todo. Moi ben. É a primeira vez?. E a primeira vez, pero paga a pena”
O Neno Xesús, a figura central do belén, estivo representado nesta ocasión por unha nena de dous meses, veciña do lugar de Agro da Quinta, no mesmo concello ourensán.