A Xunta presenta o plan para ampliar o parque empresarial do Carballiño-Maside
A Xunta presenta o plan para ampliar o parque empresarial do Carballiño-Maside
Unha vez ampliado, ocupará 1,2 millóns de metros cadrados
Alfonso Rueda destacou no acto a importancia de seguir impulsando o desenvolvemento económico da comunidade
A Xunta presentou este mércores o plan estruturante do parque empresarial do Carballiño-Maside, que se ampliará en máis dun millón de metros cadrados de superficie. O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, destacou na clausura do acto a importancia de seguir impulsando o desenvolvemento económico da comunidade.
A iniciativa que se vai levar a cabo no Carballiño responde, segundo a Xunta, á necesidade de darlle solución á crecente demanda de solo industrial na zona, xa que o polígono está ao 100% de ocupación. O novo parque, que se estenderá polo veciño concello de Maside, ocupará 1,2 millóns de metros cadrados.
Alfonso Rueda dixo que a Xunta seguirá tomando medidas para atraer investimentos e puxo como exemplo o dereito de superficie gratis durante oito anos para as empresas que se instalen en solo titularidade do Goberno autonómico ou os plans industriais que están deseñando coas asociacións empresariais.