Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seguen dous anos despois os asolagamentos nunha casa e nun negocio de Maside

Seguen dous anos despois os asolagamentos nunha casa e nun negocio de Maside

En xaneiro do 2023 dúas enormes fendas abríronse no asfalto, e os cascallos fan de dique dun regato provocando inundacións 

As perdas, di a veciña máis afectada, ascenden aos 40.000 euros

A enorme fochanca impide o paso ademais de vehículos a unha nave de materiais de construción

G24.gal 11/10/2024 14:05

Concha ensínanos ata que altura lle chegou a auga á cociña nesta última borrasca: máis dun metro, que lle danou os mobles, a neveira, a lavadora e a caldeira nas 30 inundacións que tivo nos últimos dous anos.

Ata hoxe botaron limpando lama. E o peor, o medo, temían que lles volvese pasar o de hai dez meses cando un veciño tivo que rescatalos. Chegoulles a auga ata os tres metros levando por diante mesmo os dous vehículos que tiñan.

A causa dos asolagamentos está nunha fenda na estrada que se abriu en xaneiro do 2023 e está chea de cascallos e lixo e fai de dique. Cando chove moito, o regato reborda e inunda a casa.

Tamén un empresario sofre as inundacións, e para evitalas está a instalar unha segunda bomba no almacén. Pero é a enorme fochanca que ten diante da porta e que non deixa de agrandarse o que lle dá máis preocupacións. Nin a arranxan nin lle poñen un valado, denuncia, para evitar unha desgraza.

A Confederación Hidrográfica asegura que a semana que vén vai proceder a limpar para evitar máis asolagamentos, pero de momento non hai noticias de que se vaian tapar os buracos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade