Récord de público e de solidariedade na San Silvestre acúatica da Estrada
Récord de público e de solidariedade na San Silvestre acúatica da Estrada
Iniciativa solidaria polo Nadal para entregar alimentos a Cáritas
Unha cita que comeza a converterse nunha tradición neste día de Noiteboa é a da piscina da Estrada. Aquí celebraron o seu San Silvestre acuático, unha iniciativa solidaria diferente en que colaboran con Cáritas.
Houbo récord de participantes, máis de 100, e de público. Esta iniciativa solidaria non para de medrar e xa é toda unha tradición de Nadal. Agardaban ademais de recadar arredor de 500 quilos de alimentos para os máis necesitados, facer algo de oco para a cea desta noite e mesmo a comida de mañá.
Son 6 capitáns para 6 equipos, entre eles persoeiros locais, entre eles políticos, xornalistas e moitos deportistas. Pero o importante dende logo non foi o resultado na piscina, senón fóra dela, onde todos gañaron, os que máis, as persoas con menos recursos no municipio da Estrada.