Moitos traballadores esenciais non descansan nin o día de Nadal
Moitos traballadores esenciais non descansan nin o día de Nadal
Sanitarios e persoal de emerxencias, entre os imprescindibles do Nadal
Bombeiros, policías, sanitarios, persoal de emerxencias en xeral pasan o Nadal traballando. Tamén se traballa estas horas en estacións de servizo ou en bares e restaurantes.
O transporte público é tamén unha necesidade en días festivos. Hai menos frecuencia de liñas ou un servizo máis esporádico pero, taxis, por exemplo, ten que haber.
Son días festivos os do Nadal pero haber, hai moito que facer. Hai moito traballo detrás ,ese do que non se ve a simple vista.
Hai traballo nas casas, nas cociñas sobre todo estes días, traballo nos postres, máis aló dos pratos, traballo baixo as árbores e traballo, non sempre doado, no ámbito familiar.
Son días nos que prima a conciliación, non sempre doada para algúns profesionais dos servixos públiocs ou considerados esenciais.