Cargando resultados...
Milleiros de visitantes acoden ollar o belén xigante de Viveiro
Milleiros de visitantes acoden ollar o belén xigante de Viveiro
O nacemento máis grande do país, a escala natural, ocupa 2.000 metros cadrados
Detalle da escena do presebe, a tamaño real
Félix Aragunde
25/12/2024 20:17
Última actualización 25/12/2024 20:38
Con máis dun cento de figuras de tamaño real repartidas arredor da igrexa de Santa María do Campo, o belén xigante de Viveiro ocupa uns 2.000 metros cadrados de superficie. É por tanto, o maior nacemento de toda Galicia.
O belén viveirense non é só un referente para A Mariña, senón tamén en todo o ámbito galego. Co fin de admiralo, ata aquí veñen visitantes chegados dende todo o país.
Ademais da escena do nacemento no presebe, o belén recrea a escala real un mercado de época. Cunha especial presenza dos mariñeiros ou das peixeiras, nel poderanse ver os oficios tradicionais durante todo o Nadal.