Publicador de contidos
Publicador de contidos

Queiman colectores de lixo en Loimil do Carballo, A Estrada

Queiman colectores de lixo en Loimil do Carballo, A Estrada

A veciñanza pide cooperación e vixilancia para frear os actos de vandalismo que se suceden nos últimos meses

G24.gal 17/12/2024 14:02

A veciñanza de Loimil do Carballo, na Estrada, di que tras a queima dos colectores se senten máis inseguros e que supón un salto na traxectoria de falcatrúas que levan sufrido en ano medio.

"Nichos abertos, aparecen pintadas onde os nenos collen o autobús, pintadas enaltecendo o terrorismo", di Amalia, veciña do lugar.

Avelino engade que "aquí onda miña casa, a certas horas da noite hai coches que están a molestar e non se sabe o que está a pasar aquí na aldea. Polo que vexo é día tras días molestando".

Din que descoñecen a autoría destas actos e chaman á cooperación e á acción das administracións.

"Máis vixilancia, buscar quen foron, para que lles fagan algo, claro", afirma Pilar.

"Que viñeran ver un pouco máis o lugar e miraran un pouco máis por nós", apunta Rosario.

"Que temos que colaborar todos en dicir o que vemos para axudas as forzas de seguridade, e o Concello ten que poñer patrullas máis frecuentes e que infundan respecto, porque se está perdendo totalmente", conclúe Amalia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade