Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vella Panificadora de Vigo sofre constantes actos vandálicos

A vella Panificadora de Vigo sofre constantes actos vandálicos

O edificio industrial que cumpre 100 anos en 2024 está en estado moi precario

G24.gal 29/11/2024 14:26

A vella  Panificadora de Vigo cumpre este 2024 cen anos, dos que máis de 40 leva en estado de absoluta degradación. Isto non impide que curiosos, drogadictos ou vándalos entren no inmoble, co perigo que iso supón. Nos últimos anos presentáronse proxectos urbanísticos que nunca se chegaron a acometer.

En pleno quilómetro cero de Vigo, a carón do casa do concello e preto das vellas murallas e da oliveira que dá nome á cidade está a vella empresa de panificación da cidade. Deixou de funcionar en 1980 e malia os constantes proxectos de restauración, o seu estado é cada día peor e isto non impide que vándalos e curiosos accedan ao edificio co problema que iso supón.

Ademais do vandalismo puntual que pode ocasionar incendios ou caída de cascallos a estes veciños o que máis  lles doe  é que finalmente poida desaparecer un edificio industrial histórico irrecuperable, obra do arquitecto Manuel Gómez Román e do enxeñeiro alemán Otto Werner.

Nos últimos vinte anos presentáronse varios proxectos para a praza do Rei e para o edificio da Panificadora pero polo de agora e malia as promesas o edificio segue invadido por silvas e fentos e ás veces tamén por persoas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade