A Xunta espera recibir a vindeira semana o novo borrador sobre o traspaso da xestión do litoral
A Xunta espera recibir a vindeira semana o novo borrador sobre o traspaso da xestión do litoral
Esta medida permitirá facer concesións para obras ou instalacións non desmontables no dominio público marítimo-terrestre sen depender do Goberno central
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, afirmou que a Xunta de Galicia espera que o texto do novo borrador sobre o traspaso da xestión do litoral "se peche totalmente" a próxima semana, concretamente esperan recibilo "entre o luns e o martes".
Así llo trasladaron desde o Ministerio, apuntou a conselleira en declaracións aos medios este venres nun acto en Santiago de Compostela, onde tamén avanzou que, despois de ver o novo texto e "de amosar o seu acordo con ese obxecto, que era unha liña vermella", empezarán cos "bens persoais que tamén teñen que trasladar".
Despois de que o Goberno retirara a esixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou instalacións non desmontables no dominio público marítimo-terrestre, Ángeles Vázquez reivindicou que as comunidades son "o suficientemente adultas" para xestionar a súa costa.
Neste contexto, apuntou que isto vai propiciar que as comunidades "poidan facer as distintas concesións ou poidan outorgar os informes necesarios" para "poder instalar en dominio público marítimo-terrestre certas instalacións sen depender do Goberno central".