Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia sitúase como a segunda comunidade con maior porcentaxe de poboación con exceso de peso

Galicia sitúase como a segunda comunidade con maior porcentaxe de poboación con exceso de peso

Un 62 % dos galegos maiores de idade padecen esta doenza

 Os últimos avances proporcionan fármacos moi eficaces, pero acompañados cun estilo de vida saudable

G24.gal 29/11/2024 14:35

As investigacións neste eido ofrecen novas solucións farmacolóxicas que son cada vez máis eficaces. 

Iso si, os especialistas destacan a importancia de tomar os tratamentos baixo control médico xunto cun estilo de vida saudable para que os resultados se manteñan no tempo. A obesidade é un problema de saúde global que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. 

En Galicia, un 62 por cento da poboación adulta ten exceso de peso; deles, un 22 e medio por cento padece obesidade. Nestes casos, os expertos apostan pola cirurxía como alternativa.

Máis de mil profesionais analizan no 20 congreso da sociedade española da obesidade en Santiago novas estratexias para a súa prevención, diagnóstico e tratamento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade