Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan as tarefas para reflotar o barco afundido no porto de Camariñas

Comezan as tarefas para reflotar o barco afundido no porto de Camariñas

Portos "viuse obrigado" a realizar as tarefas e asumir os custos derivados do proceso ante a "inacción" do propietario

G24.gal 29/11/2024 13:18

Portos de Galicia comezou as tarefas para reflotar o barco Jaungaikoa, que se incendiou e acabou afundido no porto de Camariñas o pasado 4 de setembro.

Segundo informou a Xunta, o proceso comeza tras recibir o informe e custos preliminares, así como a tramitación do contrato para realizar as tarefas das que Portos se fixo responsable, así como dos labores de reflote ante a "inacción" do propietario do barco.

Segundo a Consellería do Mar, ante o incumprimento desa obrigación dentro do prazo establecido pola lei, o ente público "viuse obrigado" a realizar as tarefas e asumir os custos derivados do proceso.

Neste contexto, os gastos de base para reflotar o barco ascenden a 15.000 euros e, tras iso, o buque será trasladado a un xestor autorizado para o seu despezamento, cun custo estimado duns 50.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade