Cargando resultados...
Un foco do escaparate provoca un incendio nunha tenda de moda de Sarria
Un foco do escaparate provoca un incendio nunha tenda de moda de Sarria
As lapas deixaron inservible parte da mercadoría en plena campaña do Black Friday
Roupa queimada no negocio afectado (TVG)
G24.gal
26/11/2024 13:56
Un incendio orixinado nun foco dun escaparate provocou danos cuantiosos nunha tenda de moda do centro de Sarria. Os bombeiros do parque comarcal sarriao foron os encargados de sufocar as lapas, que deixaron inservible parte da mercadoría e mais o cristal da fachada do negocio.
O lume declarouse cando o comercio estaba pechado ao público, polo que non houbo que lamentar danos persoais.