Publicador de contidos
Publicador de contidos

Éxito, un ano máis, do mercadiño solidario de Nadal de Aspanas en Ourense

Éxito, un ano máis, do mercadiño solidario de Nadal de Aspanas en Ourense

Todas as pezas están elaboradas de xeito artesanal por persoas con diversidade funcional, usuarios do centro ocupacional de Aspanas de Velle, en Ourense 

G24.gal 26/11/2024 13:35

Xa está aberto en Ourense o mercado de Nadal de Aspanas, cada ano con máis éxito. Só abre unha semana, se é que non se acaban antes todos os adornos, porque non deixan de vender. Son pezas como árbores de Nadal, bonecos de neve e nacementos feitos á man por persoas con discapacidade intelectual.

Este mercado solidario de Nadal abriu este luns nun baixo da catedral de Ourense e poucas horas despois xa ten baleiros de tanto que venderon, e moitos dos adornos que quedan están xa reservados.

Pezas moi ben feitiñas, elaboradas todas de xeito artesanal por persoas con diversidade funcional.

Algúns usuarios do centro ocupacional de Aspanas amosan en directo nesta tenda efémera como traballan. Encántalles o que fan e traballaren en equipo e, segundo a coordinadora do centro ocupacional de Aspanas en Velle, ao amosaren á sociedade ourensá o seu traballo, séntense útiles e capacitados para facer calquera tarefa dentro das súas posibilidades. 

O mercado só abre esta semana, o mes de decembro estarán no centro de Aspanas de Velle en Ourense facendo todas as encargas que teñen. Cando remate o Nadal poranse xa a traballar para o Entroido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade