Publicador de contidos
Publicador de contidos

16 persoas faleceron en incendios en vivendas en Galicia en 2023

16 persoas faleceron en incendios en vivendas en Galicia en 2023

A maioría deles prodúcense por sobrecargas eléctricas durante a noite e nos meses de máis frío

Os maiores que viven sós son o colectivo máis vulnerable

No 2023 morreron en España 249 persoas nun incendio

A cociña, o salón e o dormitorio son os cuartos onde se orixinan máis incendios
G24.gal 25/11/2024 15:06 Última actualización 25/11/2024 15:36

"Por desgraza, un ano máis, as mortes en incendios en España seguen aumentado", apunta Carlos García, presidente da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros

Un total de 16 persoas, sete homes e noves mulleres, faleceron en incendios en vivendas en Galicia en 2023, o que deixa unha taxa de 5,93 mortes por cada millón de habitantes, a segunda maior de España, só superada por Estremadura. No ano 2023 en España producíronse unha media de 50 incendios cada día.

"Nalgúns casos trátanse de sinistros con varias vítimas mortais e dende logo unha inxente traxedia e dor a nivel social", explica Jesús Monclús, director de Prevención e Seguridade Viaria da Fundación Mapfre.

Morreron en total 249 persoas, a maior cifra dende que se teñen rexistros. As vítimas máis comúns son homes maiores de 64 anos que viven sós nas súas casas. O risco de morrer nun incendio multiplícase por tres en persoas que viven soas. Un total de 150 dos falecidos perdeu a vida entre xaneiro e marzo e entre outubro e decembro. A mortaldade por incendio está directamente relacionada coas baixas temperaturas e o uso de sistemas de calefacción.

Carlos García, presidente da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros: "Os meses de frío son os máis importantes e o horario da noite, as horas nocturnas é cando se produce o 53´4% desas vítimas mortais", continúa Carlos García.

A maior parte deles orixinaríanse por sobrecargas, fallos en aparellos eléctricos e nos sistemas de calefacción e comezan sobre todo no salón, na cociña e tamén no dormitorio, onde soemos cargar os teléfonos móbiles.

 "Durmo con el na cama".

 "A verdade é que non teño moito coidado".

 "Unha vez estoupoume pero non se queimou nada".

"Pasoume que arde o cargador do portátil, iso si". "Eu trato sempre cando acabo de cargar, desenchufalo porque entendo que hai xente que deixa alí todo o tempo e logo unha vez que se quente igual prende lume en calquera cousa", comentan algunhas persoas.

Os incendios no fogar son evitables seguindo sinxelas pautas. Entre os consellos: aprender a identificar as fugas de gas internas, que, aínda que son pouco habituais, poden xerar unha explosión; aprender a utilizar un extintor, instalar un detector de fume; se non hai perigo, hai que tentar apagar o lume e, se non se pode, débese alertar a todos os ocupantes da vivenda para realizar a evacuación de maneira áxil e ordenada, pechando a porta ao lume para que non se estenda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade