Publicador de contidos
Publicador de contidos

O incendio dunha batería provoca un susto nunha residencia de maiores de Mos

O incendio dunha batería provoca un susto nunha residencia de maiores de Mos

Un dispositivo ardeu nun dos cuartos e o lume pasou a un colchón, sen provocar danos maiores

O persoal conseguiu apagar as chamas cun extintor antes da chegada dos bombeiros

Imaxe de arquivo dos Bombeiros do Porriño Imaxe de arquivo dos Bombeiros do Porriño
G24.gal 22/11/2024 20:00

O incendio da batería dun dispositivo que estaba nun dos cuartos dunha residencia de maiores en Mos xerou un importante susto no complexo, segundo informa o 112 Galicia.

O lume declarouse cara ás 16:30 horas da tarde do venres na residencia situada na parroquia de Tameiga. O propio persoal do centro solicitou a Emerxencias a colaboración dos bombeiros para apagar o lume.

A orixe foi a batería dun aparello instalado no cuarto afectado e "provocou un gran susto entre o persoal e os residentes". Con todo, o equipo da propia institución botou man dos extintores para atallar as chamas antes da chegada dos bombeiros.

O 112 avisou os servizos de extinción do Porriño e os membros do GES de Mos. Tras a súa intervención, explicaron que o lume pasou da batería a un colchón, pero ningún outro elemento resultou afectado.

Tampouco houbo danos persoais a pesar da acumulación de fume no cuarto. Ademais dos equipos de extinción, desprazáronse ao lugar dos feitos os axentes da Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade