Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mestres das artes marciais achegan aos lugueses os seus beneficios

Mestres das artes marciais achegan aos lugueses os seus beneficios

Queren poñer en valor os beneficios físicos e psíquicos destes deportes

Participan campións de España, de Europa e do mundo en diferentes disciplinas

Andrés Pavón/Jose Lamas 22/11/2024 19:54

Muai thai, kikboxing, MMA, boxeo... todos os deportes de loita e contacto teñen espazo nesta primeira feira DOJO que se celebra en Lugo. Un evento para todos os públicos que quere dar a coñecer os beneficios que estas prácticas deportivas teñen para a nosa saúde corporal e mental.

"Achegar os deportes de contacto á xente para que vexan que se traballa o autocontrol e a disciplina.", di Fredi Mosterín, organizador da feira

Entre os asistentes hai campións de España, de Europa e mesmo do mundo en diferentes disciplinas. Todos eles van impartir seminarios prácticos e participarán nalgún combate. Entre os máis destacados, o boxeador Ángel Moreno.

"O boxeo cambiou moito, e hoxe xa non hai pelexas senón combates e respecto."

Hai trinta empresas expositoras de  produtos e servizos relacionados cos deportes de loita, postos de comida e ata unha sección de graffiti. E ademais colaboran os corpos e forzas de seguridade.

"O labor de prevención que facemos nos centros de ensino tamén o traemos aquí á feira", explica Héctor Méndez, garda civil

"Aquí informamos as persoas que teñen interese en unirse ao noso corpo policial.", Rubén Veiga, policía nacional

Así pois, unha ocasión única en Galicia para coñecer este tipo de deportes. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade