Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soportais, arquitectura protectora que tamén precisa coidados

Soportais, arquitectura protectora que tamén precisa coidados

A Asociación de Veciños da Cidade Histórica Fonseca cre que o Consorcio debería mellorar o seu estado de conservación 

Soportais na zona historia de Santiago de Compostela
G24.gal 26/11/2024 08:09

Os soportais constituén o espazo de transición entre o portal de vivendas e a rúa. Privativos, pero de uso público. Desde a perspectiva de comerciantes instalados en baixo porticado, como o caso de Ramón, abundan os que consideran favorable este modelo arquitectónico:

"Creo que está ben, porque cando chove a xente vén para aquí, para dentro, pasa por diante e venos. Se vai moita calor, se vén o sol de cheo, o mesmo", di este tendeiro da rúa compostelá do Vilar.

Co paso dos anos, rúas como a do Vilar e a Nova, na zona vella de Santiago, perderon parte dos soportais, e nos últimos cambiou a paisaxe comercial que albergan, aspecto este do que se laian veciñas como Chelo:

"Hai moita camiseta, moitos recordos de Santiago, moito para o peregrino e pouco para a xente de aquí", afirma esta veciña da zona vella de Compostela.

Na asociación de veciños piden actuacións do consorcio para mellorar o estado de conservación, especialmente o mantemento dos teitos, e tamén de como se despregan as terrazas da hostalería:

"En moitos casos o que fan é cortar a saída á rúa desde os soportais, e, noutros casos, cando chove, meten as cadeiras e mesas para os soportais e entón reducen o espazo de paso e non deixan o metro oitenta que é preceptivo segundo a lei de accesibilidade", explica Roberto Almuíña, presidente de asociación de veciños da Cidade Histórica Fonseca.

Engade Almuíña que o Consorcio debería promover accións para retirar elementos discordes que afean calquera construción, máis se é histórica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade