Evitan unha nova ocupación ilegal no barrio coruñés do Martinete
Evitan unha nova ocupación ilegal no barrio coruñés do Martinete
Os veciños aseguran que conviven con problemas de delincuencia, roubos e venda de droga polo miúdo
Piden máis vixilancia para non sentir tanto medo e inseguridade
Tapiado. Así quedou un inmoble do barrio coruñés do Martinete tras un novo intento de ocupación ilegal. Un veciño foi quen alertou.
"Viu luz e xa sospeitou de que pasaba algo. Avisou a asociación veciñal e tamén á policía". "Había catro persoas. Unha marchou sen problemas e as outras tres, malia que nun principio negábanse a abandonar, fixérono despois".
Aconteceu hai escasos días. Pero non era a primeira vez que pasaba. Os veciños contan que levan anos aturando estes problemas. "Ocupantes ilegais hai. Está o barrio perdido".
Aseguran vivir preocupados tamén pola delincuencia na zona e pola venda de droga polo miúdo. "Ves pasar xente cara a un punto de venda que sabemos todos". "É necesaria máis policía para ter seguridade no barrio".
Levan anos loitando pola seguridade no barrio. E así van seguir. Satisfeitos, contan que, polo de agora, xa conseguiron que derruben un esqueleto que cualifican como foco de inseguridade e insalubridade. Os traballos xa comezaron esta semana e calculan que finalicen no primeiro trimestre do 2025.