Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre ao tráfico o túnel que conecta a AP-9 coa estación de Vialia en Vigo

Abre ao tráfico o túnel que conecta a AP-9 coa estación de Vialia en Vigo

A infraestrutura posibilita a entrada directa desde a autoestrada ao aparcamento co centro comercial, onde se sitúan as estacións de tren e bus, e tamén a incorporación desde este á AP-9

EFE / Salvador Sas
G24.gal 26/11/2024 08:31 Última actualización 26/11/2024 12:45

O túnel que conecta a autoestrada AP-9 co centro comercial de Vialia, onde están as estacións de tren e autobús de Vigo, abriu á circulación este martes ás 6 da mañá.

O túnel posibilita a entrada directa desde a autoestrada ao aparcamento e a incorporación desde este á AP-9, o cal, en palabras do rexedor vigués Abel Caballero, alixeirará o tráfico, xa que os vehículos que cheguen a Vigo para ir a Vialia non terán que acceder ao centro da cidade.

O conxunto dos accesos ao centro comercial custaron, segundo Caballero, máis de once millóns de euros.

O alcalde dixo que con esta apertura "remata a grande obra de Vialia" e indicou que o túnel dispón de equipamento completo para garantir a seguridade, paneis de mensaxería, iluminación, ventilación, sistema de detección de incendios e gases e control de acceso, entre outros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade