Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o condutor dun camión que septuplicaba a taxa máxima permitida de alcol

Detido o condutor dun camión que septuplicaba a taxa máxima permitida de alcol

Circulaba en sentido Tui pola AP-9 á altura de Ordes cunha condución errática e zigzagueando

G24.gal 17/11/2024 11:28 Última actualización 17/11/2024 13:54

O Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña detivo en Ordes un home que conducía un camión septuplicando a taxa máxima de alcoholemia permitida.

Ocorreu cando o destacamento realizaba un control dinámico de alcol e drogas na autoestrada AP-9 ao seu paso por este concello.

Segundo informa a Benemérita, detectaron un vehículo composto por unha cabeza tractora e un semirremolque que circulaba en sentido Tui cunha condución errática e zigzagueando. 

Tras deter o condutor no quilómetro 41, fixéronlle as probas pertinentes e deu unha taxa de 1,01 mg/l en aire expirado nas probas de alcoholemia.

Delito contra a seguridade viaria

Ao superar os 0,60 mg/l e non acreditar residencia en territorio español, a Garda Civil procedeu á detención desta persoa como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, co obxecto de asegurar a súa presenza ante a autoridade xudicial.

O vehículo foi inmobilizado no lugar da detención, a disposición da empresa titular que se fará cargo del. O detido enfróntase a unha pena de 3 a 6 meses de prisión ou de 12 a 24 meses de multa ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días en caso de ser condenado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade