Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un desprendemento de terra corta a autoestrada entre Asturias e León, en Lena

Un desprendemento de terra corta a autoestrada entre Asturias e León, en Lena

Non hai constancia de que haxa persoas afectadas polo suceso coa caída de rochas e terra sobre a AP-66

A Garda Civil concluiu a evacuaciòn de 161 vehículos que quedaron bloqueados na estrada

A concesionaria confía en que poida restablecerse o tráfico "o antes posible"

Os equipos de emerxencia e da Garda Civil ante od esprendemento na A-66 entre Asturias e León
G24.gal 10/11/2024 12:33 Última actualización 10/11/2024 14:06

Un desprendemento de terra obrigou a cortar este domingo o tráfico en ambos os sentidos na AP-66, a vía principal de comunicación entre Asturias e a Meseta, que non causou danos en vehículos, informou a Delegación do Goberno no Principado.

O desprendemento produciuse contra as 10:00 horas no punto quilométrico 76, no contorna da área de descanso de Entrerregueras.

A Garda Civil desprazouse ata a zona e está a desviar o tráfico na Madalena e Lena para circular pola N-630, no porto de Pajares.

A empresa concesionaria da autoestrada, Aucalsa, está a traballar para restablecer o tráfico "canto antes".

Desprazáronse ata o lugar patrullas da Garda Civil de Tráfico e efectivos de bombeiros do Servizo de Emerxencias do Principado de Asturias (SAIBA), que se atopan revisando a zona.

Ata as 12:30 horas, permaneceron bloqueados na parte asturiana da citada vía un total de 145 turismos, 14 camións e dous autobuses con pasaxeiros que xa foron evacuados.

A Garda Civil non ve probable que quedara ningún vehículo baixo o desprendemento, aínda que para descartalo totalmente desprazouse á zona un can de procura de persoas desaparecidas en grandes áreas.

A derruba da ladeira, que afectou aos catro carrís de ambos os sentidos, produciuse sobre as 10:15 horas no punto quilométrico 76, no contorna da área de descanso de Entrerregueras, a catorce quilómetros da localidade de Pola de Lena,

Os axentes de Tráfico desvian o tráfico da AP-66, pola que pasan unha media diaria de 6.000 vehículos e 1.200 camións, na Madalena e Lena para circular pola N-630, no porto de Pajares.

Ata o lugar, desprazáronse efectivos de varias patrullas de seguridade cidadá da Garda Civil de zonas próximas, así como do Greim de Mieres cun can de procura de persoas desaparecidas en grandes áreas.

"Das primeiras manifestacións solicitadas polos axentes na zona ás testemuñas, non parece probable que quedase atrapado ningún vehículo no argayo",

Ademais, tamén se atopan revisando a zona varias dotacións de Bombeiros de Asturias, cunha unidade de drons e guías caninos. Nunha mensaxe nas sús redes sociais, o ministro de Transportes Oscar Puente explicou a "grave situación" e que están traballando cámaras térmicas e cans e despois se vai proceder á restitución das condicións para poder abrir a autoestrada ao tráfico canto antes.

Éramos pocos y ….
Nos mandan este vídeo de un grave desprendimiento en la AP-66 en el Huerna(Asturias). Desconocemos si hay daños personales. Trataremos de informar cuando sepamos más. pic.twitter.com/YTlTdQUGby

Desprendemento na AP-66, entre Asturias e León, nunha imaxe difundida polo ministro de Transportes, Oscar Puente Desprendemento na AP-66, entre Asturias e León, nunha imaxe difundida polo ministro de Transportes, Oscar Puente
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade