Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os menores de 5 anos poderán vacinarse contra a gripe esta fin de semana nos hospitais galegos

Os menores de 5 anos poderán vacinarse contra a gripe esta fin de semana nos hospitais galegos

Sanidade enviará aos proxenitores un SMS informativo co treito das horas en que poden acudir a vacinar os pequenos

G24.gal 26/11/2024 10:18

Os menores de cinco anos que aínda non fosen vacinados contra a gripe poderán facelo esta fin de semana nos 14 hospitais de Galicia, segundo informa a Xunta a través da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Sanidade vailles enviar aos proxenitores un SMS informativo cun tramo de hora en que poden acudir a vacinar os nenos. Segundo destaca o Goberno galego, trátase dunha medida máis para "facilitar a conciliación familiar á vez que se potencia a vacinación".

Nos hospitais das sete cidades, a vacinación terá lugar tanto o sábado como o domingo de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Nos sete hospitais comarcais, a vacinación será o sábado no mesmo horario.

A convocatoria total abarca ao redor de 24.000 nenos e nenas.

A Consellería de Sanidade lembra a importancia da vacinación antigripal infantil para evitar complicacións graves derivadas da enfermidade.

Nesta liña, explica que a poboación infantil presenta un número moi elevado de infeccións por gripe, e estímase que en España son ata tres veces máis altas que nas persoas maiores de 65 anos e con taxas de hospitalización similares.

En Sanidade destacan que os datos da campaña do pasado ano mostran que a vacinación antigripal en poboación infantil é efectiva para evitar ao redor do 70 % das hospitalizacións causadas por esta infección nas nenas e nenos de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade