Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a vacinación contra a gripe e a COVID-19 nos vacinódromos galegos

Continúa a vacinación contra a gripe e a COVID-19 nos vacinódromos galegos

O IFEVI de Vigo, a Cidade da Cultura en Santiago, ExpoCoruña ou ExpoOurense están abertos para vacinar contra a gripe, e se o desexan inmunizarse contra a Covid, ás persoas de entre 70 e 79 anos ata o mércores

G24.gal 16/11/2024 14:39

A vacinación da gripe coa posibilidade da inmunización tamén contra a COVID continúa a bo ritmo nos grandes recintos galegos. A dirección xeral de saúde quere chegar ao 75 % dos citados. Ata o mércores continúa a quenda das persoas comprendidas entre os 70 e os 79 anos.

No recinto feiral de Vigo, onde están convocadas este sábado máis de 3.500 persoas de entre 70 e 79 anos para vacinarse contra a gripe e se o desexan contra a COVID. 3. 500 hoxe das 42.351 persoas desta franxa de idade en toda a área sanitaria viguesa. A partir do 20 de novembro, tamén nos grandes recintos, vacinarán os comprendidos entre 60 e 69 anos. Ata onte, último día no que temos datos, aquí xa recibiron esa dobre inmunización 17.00 persoas.

Os maiores de 80 anos xa foron vacinados nos seus centros de saúde aínda que se abre agora un período de repesca. En total, aquí, máis de 35.000 maiores. O IFEVI sérvenos este sábado de exemplo do que está acontecendo nos outros vacinódromos de Galicia como a Cidade da Cultura ou ExpoCoruña.    

Dos 42.351 citados para vacinarse no IFEVI xa van máis de 17.000 persoas inmunizadas comprendidas entre os 70 e os 79 anos. Este sábado pasarán polos dez mostradores activos en Vigo unhas 3500 persoas. 

"A franxa de idade que aínda temos citada hoxe é a de entre os 70 e os 79 anos e aquí temos as dúas vacinas, a COVID-19 e a gripe. Ademais para a vacina da gripe, á poboación entre 65 e 79 anos ofréceselle participar no estudo GALFLU, a vacina de alta carga ou reforzada", conta a TVG Antonio Rodríguez, o subdirector de enfermería da área sanitaria de Vigo. 

Quen se achega aos vacinódromos pode pois recibir a vacina da gripe, a da COVID, as dúas ou esa versión reforzada da vacina que se está administrando aleatoriamente. 

Os enfermos crónicos e as embarazadas deben utilizar o sistema da autocita na páxina web do SERGAS. Os profesionais sanitarios que aínda non estean vacinados poden tamén achegarse a calquera dos grandes recintos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade