Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un matrimonio de 85 anos por un incendio unha localidade de Sevilla

Morre un matrimonio de 85 anos por un incendio unha localidade de Sevilla

A orixe do suceso puido ser unha estufa que estaba acendida

A súa neta resultou ilesa grazas á rápida actuación dun bombeiro

FONTE: CONCELLO UTRERA (Sevilla) FONTE: CONCELLO UTRERA (Sevilla)
G24.gal 04/11/2024 10:58 Última actualización 04/11/2024 11:36

Un matrimonio duns 85 anos faleceu esta madrugada no incendio da súa vivenda na localidade sevillana de Utrera. A súa neta de 15 anos, que se atopaba tamén na vivenda, resultou ilesa grazas a rápida actuación dun veciño bombeiro (que estaba fóra de servizo) e que lle axudou a saír da casa.

Segundo fontes de Emerxencias 112 Andalucía, ás 3:05 horas recibiuse o aviso dun incendio ao que se desprazaron unidades do servizo de Bombeiros de Utrera, axentes da Policía Local, Garda Civil, Policía Xudicial e servizos sanitarios.

Segundo informaron fontes do Concello de Utrera, o incendio puido orixinarse nunha estufa que aínda estaba acendida cando accederon os bombeiros ao interior do inmoble.
Ao matrimonio practicáronlle manobras de reanimación durante varios minutos na vía pública, aínda que só se puido confirmar o falecemento de ambos os membros.

Os seus cadáveres foron levantados sobre as 5:30 horas e trasladados ao Instituto Anatómico Forense de Sevilla para que lles sexan realizadas as autopsias.

Os veciños do edificio puideron volver ás súas casas a primeira hora da mañá, xa que fora desaloxado o edifico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade