Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas convoca a partir do luns os primeiros 2.000 galegos para doar mostras de ADN

O Sergas convoca a partir do luns os primeiros 2.000 galegos para doar mostras de ADN

Será un cribado para identificar o risco fronte a varias doenzas: cancro de mama e ovario hereditario, síndrome de Lynch ou hipercolesterolemia familiar

O proxecto está liderado pola Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dirixida por Ángel Carracedo

G24.gal 17/11/2024 19:28

O Sergas vai convocar a partir do luns a través dun SMS as 2.000 primeiras persoas da cidadanía galega para doar voluntariamente mostras do seu ADN. 

É un proxecto moi ambicioso. O xenotipado da poboación vai achegar información que permita programar a estratexia de prevención, diagnóstico e tratamento de determinadas enfermidades no futuro. 

Segundo a directora xeral de Saúde Pública, "envíase un SMS, a persoa vai á web e infórmase. Se acepta pode reservar a súa cita coa aplicación Sergas Móbil"

As extraccións de sangue serán o día 14 de decembro nos 14 hospitais de referencia. A escolla dos cidadáns faise aleatoriamente, entre persoas de 35 e 70 anos, atendendo a criterios de representación poboacional: idade, sexo, e lugar de residencia. 

Serán os primeiros participantes dunha proba piloto que terá continuidade a principios de ano coa recollida de mostras de saliva a outros 1.000 galegos.

Estudarase o risco xenético que teñen os participantes de desenvolver cancro de mama e ovario hereditario, síndrome de Lynch -que ten un risco alto de cancro colorrectal e de endometrio-, ou hipercolesterolemia familiar.

Os resultados coñeceranse en seis meses, tras a análise que farán na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dirixida por Ángel Carracedo.

É a primeira fase dun plan que analizará o xenoma de 400.000 galegos, unha investigación para predicir o risco de doenzas e personalizar tratamentos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade