Publicador de contidos
Publicador de contidos

2.000 persoas van recibir a próxima semana unha SMS de invitación a participar no 1º cribado xenómico de Galicia

2.000 persoas van recibir a próxima semana unha SMS de invitación a participar no 1º cribado xenómico de Galicia

Vai permitir saber se levan no seu ADN a posibilidade de desenvolver varios tipos de cancro

 Comeza así a fase piloto do proxecto de investigación médica máis ambicioso dos que se desenvolveron ata o momento en Galicia

G24.gal 14/11/2024 14:27

O risco xenético que teñen os participantes de desenvolver cancro de mama e ovario hereditario, síndrome de Lynch -que ten un risco alto de cancro colorrectal e de endometrio-, ou hipercolesterolemia familiar.

Os resultados coñeceranse en seis meses, tras a análise que farán na Fundación Pública de Medicina Xenómica. O que comeza agora é a fase de recrutamento. Polo procedemento habitual dos cribados serán invitados 2.000 galegos, a unha extracción de sangue para analizar o seu xenoma.

"Envíase unha SMS, a persoa vai á web e infórmase. Se acepta, pode reservar a súa cita coa aplicación Sergas Móbil", explicou Carmen Durán Parrondo, a directora xeral de Saúde Pública.

Engadiu que as extraccións serán o día 14 de decembro nos 14 hospitais de referencia. A escolla dos invitados faise aleatoriamente, entre persoas de 35 e 70 anos, atendendo a criterios de representación poboacional: idade, sexo e lugar de residencia. Estarán persoas das cidades da Coruña e Vigo. Dos concellos de Valdoviño, A Illa de Arousa, Vilaboa e Brión; e da Galicia rural, persoas dos concellos do Pino, Dumbría, Lousame, O Corgo, Pantón, Xove, San Cibrao das Viñas, Monterrei e Rubiá.

O proxecto persegue coas fases posteriores e nun prazo de 5 anos ter o xenoma de 400.000 galegos e o maior banco de datos xenómicos do mundo en relación á poboación. O do Reino Unido ten 500.000 pero para unha poboación de 100 millóns e persoas. Agora queren ir ata os 5 millóns de mostras. 

"O obxectivo final deste traballo inmenso que estamos a facer en Galicia son dous: a unión de todos os datos clínicos e xenómicos permítenos entender, predicir a enfermidade e buscar novos fármacos; e estamos nunha oportunidade histórica para o desenvolvemento do sector tecnolóxico e farmacéutico, e de que o tecido de investigación de Galicia poida situarse nunha situación de vangarda", dixo Ángel Carracedo, director da Fundación Pública de Medicima Xenómica de Galicia.


Esta primeira fase piloto permitirá dimensionar e escalar o proxecto. Van moi á présa o UKBiobank e o proxecto de Singapur, "temos unha ventá de oportunidade moi importante, pero temos que espelir", dixo o doutor Carracedo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade