Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ano pasado diagnosticáronse en España 35.000 casos de cancro de mama

O ano pasado diagnosticáronse en España 35.000 casos de cancro de mama

O de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres en todo o mundo, pero a supervivencia é alta, supera o 80 por cento

 

G24.gal 17/10/2024 12:30

O de mama é o tumor máis frecuente nas mulleres en todo o mundo. O ano pasado en España diagnosticáronse máis de 35.000 casos e prevese que este ano a cifra aumente. Aínda que a supervivencia é alta, non hai que baixar a garda, é importante a investigación e concenciar sobre a prevención e a detección precoz.

O sábado conmemórase o Día Internacional contra o Cancro de Mama e, adiantándose á data, en Santiago celebrouse este xoves a xornada 'O rosa é máis que unha cor'.

"Esa cor axuda a que a xente se conciencie, e grazas a ese movemento participan máis nos cribados, e hoxe hai un 85,5 por cento de supervivencia a cinco anos, é unha cifra moi alta", explica Isabel Estevan, membro do Consello Provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade