Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia inicia a inmunización fronte ao virus sincipital nos centros de saúde

Galicia inicia a inmunización fronte ao virus sincipital nos centros de saúde

As familias de bebés que naceron despois do 1 de abril poden solicitar cita cando máis lles conveña ao longo deste mes

G24.gal 03/11/2024 19:06

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, comeza este luns a inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS) da poboación infantil que naceu a partir do 1 de abril e non se vacinou nos hospitais.

As familias terán a posibilidade de facelo no seu centro de saúde, para o que deben solicitar cita cando máis lles conveña ao longo deste mes de novembro.

A campaña vai dirixida a menores con alto risco de enfermidade grave por virus respiratorio sincitial, principal causa de bronquiolite, que teñan menos de 24 meses no momento da administración.

Outras patoloxías

Tamén se aconsella nos casos de cardiopatías conxénitas con afectación hemodinámica significativa, de displasia broncopulmonar ou coidados paliativos.

Do mesmo xeito, recoméndase noutras patoloxías como a inmunodepresión grave, erros conxénitos do metabolismo, enfermidades neuromusculares e pulmonares graves, síndromes xenéticas con problemas respiratorios relevantes, síndrome de down ou fibrose quística.

Ata o 28 de outubro, a campaña alcanzou unha cobertura superior ao 80 % coa inumnización dun total de 6.966 menores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade