15.000 bebés deben inmunizarse desde este luns contra o virus da bronquiolite
15.000 bebés deben inmunizarse desde este luns contra o virus da bronquiolite
Primeiro chaman os prematuros e máis vulnerables e, despois, a inmunización vaise ir estendendo a todos os meniños que teñan menos dun ano
Galicia iniciou na campaña 2022-2023 a vacinación contra o VRS, que este ano se estende a vinte países
O ano pasado conseguise evitar o ingreso hospitalario duns 400 bebés
Uns 15.000 bebés van ser citados desde este 23 de setembro nos seus hospitais de referencia, co obxectivo de inmunizalos contra o virus que causa a bronquiolite. É a enfermidade responsable da maioría dos ingresos en lactantes.
"Cales son os máis vulnerables? Os acabados de nacer. Canto máis pequeno es máis, máis risco tes de -no caso de infectarte- ter consecuencias graves. Por iso vacinamos a todos os que nacen desde o 1 de outubro ata a fin da estación, é dicir, ata o 31 de marzo do ano que vén. Pero ademais imos rescatar os que agora ata teñen menos de seis meses, é dicir todos dos nados desde o 1 de abril", explicou Federico Martinón, o Xefe de Pediatría do CHUS e experto en vacinas da OMS .
Trátase dunha inxección de anticorpos monoclonais, que demostrou reducir mais dun 80 % os ingresos por bronquiolite e mais un 60 por centro por outras patoloxías.
"O neno recibe unha única inxección que é intramuscular e se pon do mesmo xeito ca unha vacina e a diferencia é que as defensas xa van nesa inxección,é dicir que non hai que esperar: desde o mesmo momento que o rapaz recibe a inxección xa está protexido", dixo Federico Martinón, o xefe de Pediatría do CHUS e experto en vacinas da OMS.
Os máis pequenos contra o VRS e os maiores vulnerables vacinándose contra a gripe e a covid. Hoxe a campaña de vacinación contra os virus respiratorios desde outono-inverno nas residencias de anciáns e centros de discapacidade.