Publicador de contidos
Publicador de contidos

A montaxe da nora do Nadal de Vigo deixa os primeiros cortes e desvíos no tráfico do centro da cidade

A montaxe da nora do Nadal de Vigo deixa os primeiros cortes e desvíos no tráfico do centro da cidade

G24.gal 03/11/2024 20:50

En Vigo, durante algo máis de tres semanas, a partir do 14 de decembro, en dez rúas quedará prohibida calquera obra que afecte á vía pública, ben sexa nas beirarrúas, ben no pavimento das estradas urbanas. O motivo, facilitar a mobilidade ante a grande afluencia de turistas e vehículos durante as luces do Nadal.

Á falta de que o Concello anuncie o plan definitivo de tráfico de cara ao Nadal, porque hai que ter en conta que aínda non sabemos o día exacto do acendido de todo o alumamento, o goberno da cidade si que anunciou xa que entre o 14 de decembro e o 7 de xaneiro en dez rúas como a Travesía de Vigo ou a Avenida Citroën quedará prohibida toda obra que afecte á vía pública.

Nesas datas si que se atenderán as emerxencias e as avarías que non poidan agardar. Ata entón a montaxe do Nadal vigués xa comeza a notarse na cidade. En puntos do centro coma este, a rúa Areal, a montaxe da nora xa produciu restricións, os primeiros cortes de tráfico e o desvío de varias rutas dos autobuses urbanos.

Moitas luces led xa están instaladas, sen prexuízo nin molestias para os vigueses. A zona na que xa se intúe o Nadal é o Areal. Este sábado comezou a instalación da nora, unha das atraccións centrais da festa das luces en Vigo. Esta montaxe mantén cortada a rúa, aínda que queda liberado o acceso aos garaxes para os residentes e a anulación dunha parada na liña dos autobuses urbanos Vitrasa. 

Aínda que non será obrigatorio, os veciños do centro poden xa tramitar unha autorización de acceso exclusivo para os seus vehículos a través da páxina web do Concello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade